miércoles, 25 de abril de 2012

San Francisco



Esta Igrexa e convento está situada na marxen esquerda do río Avia, ou sexa, na aposta a que se atopa a vila de Ribadavia, en cuia marxe, según  antigas memorias, estivo situada a antiga Ribadavia, a Abobriga dos Romanns, e alí temen radicou a primitiva parroquia e Igrexa de Santiago, que nos tempos do Rei De Galicia García I se trasladou ó recinto murado. Este convento estivo primitivamente situado en Santa Marta, paraxe deserto e solitario sobre o río Miño. Este convento que se fundou baixo a advocación de San Antonio, era de noviciado, despois foi Colexio de artes ou de 2º ensino, no que, ademaís dos relixiosos, estudaban moitos seglares. Houbo tempo no que a comunidade se compoñía de 60 relixiosos, e cando a enclaustración contaba con 70. O convento foi vendido a particulares como bens nacionais. A Igrexa consérvase en moi bo estado, recientemente se restaurou o altar maior con aportacións de moitos feligreses Ribadavienses. Ata hai varios meses estaban 3 frades, que eran os encargados de oficiar as homilías. Na actualidade existe un só. Dende o mes de Outubro de 2003 están tamen monxas. A Igrexa de San Francisco, consta de tres amplas naves, todas elas abovedadas. É o templo mais moderno de Ribadavia, e despois do de Santo Domingo ó mais grande e fermoso da poboación Ribadaviense. Boas vistas dende o seu patio exterior.



1 comentario: